Este é un espazo de relación entre empresas de diferentes ámbitos. A colaboración pode ser intercambiando servizos ou compartindo actividades.
Como podo colaborar desde a miña empresa?
Hai diferentes opcións: ceder recursos; agasallos ou descontos para os nosos socios; prestar servizos; difusión e publicidade; etc.
Que ofrecemos?
O soporte publicitario da nosa web e redes sociais. Promoción gráfica en todas as actividades do Festival Sinsal. Intercambio de servizos e recursos. Descontos en concertos e material discográfico, etc.
O Festival Sinsal cumpre dez anos e é un nome con identidade propia dentro da programación cultural de Galicia.
Os concertos do Festival Sinsal son unha boa oportunidade de identificar unha marca cun tipo de evento persoal, especializado e, sobre todo, innovador.
Defendemos un modelo de cultura artesanal, de pequeno formato e máis sostible, que fomenta a relación persoal e preocúpase pola xestión dos recursos públicos e privados.
O Festival Sinsal ofrece diferentes soportes, posibilidades de visualización ou promoción ao longo de todo o ano e en diferentes escenarios.
Como podo ser soci@ do Festival Sinsal?
Pois por unha cantidade de 50 Euros anuais.
Con esta achega apoiarás todas as actividades do Festival Sinsal e, a cambio, obterás diferentes vantaxes económicas: entrada gratuíta aos concertos de pequeno formato e descontos de ata un 50% noutras citas como o Festival Sen Sal San Simón, as actuacións en auditorios, etc.
Ademais, participarás en sorteos de agasallos dos nosos colaboradores; descontos en artigos de Sosoaudio e a tenda de Sinsalaudio ; etc.
Estamos traballando nunha sección da web só para soci@s de Sinsal.
Tes unha idea?; sempre quixeches facer un concerto, editar un disco ou realizar un vídeo?; queres propor ou presentar algunha actividade no Festival Sinsal?
A Plataforma Consal ofréceche a posibilidade de integrar ideas dentro do Festival Sinsal ou de buscar axuda e financiamento para realizalas pola túa conta.
A plataforma Consal non é un espazo de micromecenazgo como o crowdfunding, senón que ofrece un servizo máis personalizado. Todas as propostas aceptadas deben manter algunha relación, directa ou indirecta, con Sinsalaudio nos seus diferentes apartados: música, editorial, escola sinsal, etc.
Estamos traballando nunha sección da web só para presentar proxectos e actividades.
Poden ser voluntarios de Sinsalaudio todas aquelas persoas que estean interesadas en traballar e colaborar connosco porque queren aprender ou promocionarse a través das nosas actividades.
En principio, esta colaboración realizarase sen ánimo de lucro.
Os voluntarios de Sinsalaudio non substituirán aos profesionais que traballan connosco. A nosa intención é reforzar aqueles apartados que non podemos cubrir como nos gustaría.
Se es estudante universitario, tamén podes solicitar as túas prácticas externas connosco.
Este formulario de contacto é provisional mentres traballamos na configuración de cada un dos apartados.
De momento, podes escribirnos a través del para contarnos as túas inquietudes ou consultar aquelas dúbidas que che expoña calquera das seccións.
A información será confidencial.
Este formulario de contacto es provisional mientras trabajamos en la configuración de cada uno de los apartados.
De momento, puedes escribirnos a través de él para contarnos tus inquietudes o consultar aquellas dudas que te plantee cualquiera de las secciones.
La información será confidencial.